Skip to main content
Barreiros

Comezaron os labores de acondicionamento no paseo marítimo e nas baixadas da praia de Altar, en Barreiros

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Barreiros vén facendo estes días traballos de acondicionamento no paseo marítimo e nas baixadas da praia de Altar.

Baixo a coordinación de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, estanse a acondicionar estes días os accesos a praia de Altar antes de que comece o período de protección da píllara das dunas (15-marzo a 15-xullo) que afecta a toda a zona dunar de Altar.

É un acondicionamento temporal que facilitará o acceso á praia nos vindeiros días estivais que, en vistas das datas nas que nos atopamos, que está bañada polo mar Cantábrico, e co visto bo de Patrimonio Natural da Xunta, decidiuse non instalar as pasarelas de madeira; que si estarán no verán, e acometer estes traballos de achega de area da propia praia.

O paseo marítimo, que percorre os 8 quilómetros do litoral barreirense, tamén está a ser obxecto coidados no cal se intensificou a limpeza e no que se seguirán realizando labores de conservación de cara ao inicio da tempada de verán.