Skip to main content
Barreiros

Barreiros creará unha App de turismo cos fondos europeos

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

A área de Turismo do Concello de Barreiros contará coa súa propia aplicación grazas á concesión da subvención destinada aos concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, transición dixital, liña 2: transición dos recursos con potencial turístico no litoral.

A alcaldesa e responsable de turismo, Ana Ermida, explicou que “este proxecto ten como obxectivo principal destacar e promover os diversos atractivos culturais, naturais e locais do noso municipio. A aplicación buscará ofrecer unha experiencia enriquecedora para as persoas visitantes, así como contribuír ao desenvolvemento económico e ao fomento do turismo sostible na zona.

A rexedora quixo pór en valor que “este proxecto busca acadar unha das metas que nos temos marcado colectivamente, destacando os beneficios do turismo sostible e como a aplicación pode contribuír á consecución de varios obxectivos de desenvolvemento da Axenda 2030, na que o goberno municipal traballa transversalmente.”

Os principais obxectivos do proxecto inclúen aumentar a visibilidade de Barreiros como destino turístico, promover a participación da veciñanza, xerar ‘leads’ e aumentar o turismo e posicionar a Barreiros como un destino turístico sostible e responsable, entre outros. A App que se creará ao abeiro deste proxecto incluirá seccións detalladas con información precisa, localizacións, horarios e contacto dos puntos de interese, así coma opcións de audio e videoguías. Fomentarase a participación activa dos usuarios a través dun apartado dedicado a comentarios e opinións e suxestións. Estará dispoñible en español e en galego para dispositivos Android e iOs. Ademais, implementarase unha estratexia de promoción que incluirá a creación de códigos QR.

Esta actuación enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerativosEU a través da Axencia de Turismo de Galicia. A contía para esta iniciativa ascende a 10.440 euros.