Skip to main content
Barreiros

Ollomao, de Barreiros, organiza dous días de teatro en abril

Por 28 Marzo, 2024Sin comentarios

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza dous días de teatro para o mes de abril. Estas citas serán nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante e na casa da cultura do Valadouro.

A primeira das citas é un obradoiro de teatro o cal poderase desfrutar o domingo 7 de abril ás 17.00 horas. Este está aberto a persoas de calquera idade que compartan o interese común.

Xa o día 20 de abril poderase desfrutar no Valadouro da obra de teatro ‘O traballo de Andrea’, ás 20.00 horas.

Para participar no obradoiro hai que inscribirse nas súas redes sociais ou tamén dirixir a petición por correo-e a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.