Skip to main content
Burela

O Concello de Burela acolle o concerto ‘Hija de la Luna’, homenaxe a Mecano

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela acolle o concerto ‘Hija de la Luna’, homenaxe a Mecano. Será o vindeiro 13 de abril, sábado, ás 21.00 horas. Este tributo á mítica banda española poderase desfrutar no auditorio municipal. As entradas para o evento poden ser adquiridas.

Pasaron case 30 anos desde que Mecano presentase a súa última xira Aidalai Tour, e dúas xeracións despois, a súa música segue moi presente entre o gran público. Para conmemorar o 25 aniversario, en 2016 nace ‘Hija de la Luna’,, un proxecto homenaxe ao grupo máis importante do pop en español. Un concerto que ofrece ao público unha reprodución clonada que excede o tributo, converténdose en todo un espectáculo musical.

O parecido físico e vogal de Robin Torres con Ana Torroja é sen dúbida a clave do éxito deste grupo sevillano e o que diferencia á banda por encima de calquera outro tributo.