Skip to main content
Burela

Vanse renovar os xogos do parque infantil do Cantiño, en Burela

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela, a través da Concellería de Obras, deu comezo esta semana aos traballos de renovación dos xogos do parque infantil do Cantiño. O investimento nesta obra é de 40.000 euros, provinte de fondos municipais.

“Trátase dun parque moi empregado especialmente no verán, pero os xogos do mesmo estaban xa bastante deteriorados”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

Para o edil, o resultado da actuación “vai chamar a atención, posto que os novos xogos van ser moi novedosos, eu penso que os nenos e nenas de Burela van desfrutalos moito”.

“Estas obras encádranse nun plan de renovación de parques infantís, que iremos avanzando proximamente e que axiña chegará a outros puntos do municipio”, explicou Fernández Rey.

“Nos vindeiros meses vanse realizar diversas actuacións, por exemplo no parque Rosalía”, sinalou. Tamén “no parque do Campón, que actualmente non é moi utilizado pola cativada, e consideramos que as actuacións previstas van cumprir coas súas expectativas e coas dos seus pais e nais, para darlle unha maior relevancia”, engadiu.

O Concelleiro destacou que “Burela ten una poboación nova e con moitos nenos e nenas, polo que é imprescindible que os espazos de xogo estean nas mellores condicións posibles”.