Skip to main content
Burela

Para contribuír a reducir o sedentarismo o Concello de Burela creará unha pausa activa de luns a venres

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela organizará unha pausa activa todos os días de luns a venres. Terá lugar de 12.00 a 12.05 na praza do Concello.

Esta iniciativa busca contribuír a reducir o sedentarismo derivado particularmente de traballos que requiren permanecer máis de dúas horas seguidas sentado.

“Queremos que a saúde sexa o centro de todas as políticas do Concello, e por iso impulsamos esta actividade, para seguir garantindo que as eleccións máis saudables sexan tamén as máis fáciles”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

“Convidamos a toda a veciñanza a participar desta iniciativa, que só require un instante e pode marcar a diferencia na saúde de moitas persoas”, afirma a rexedora.

A pausa activa dáse no marco da colaboración entre o Plan de Saúde Local do Centro de Saúde de Burela e a Estratexia de Promoción da Saúde do Concello de Burela.