Skip to main content
Burela

Burela organiza diversas actividades con gallo do Día da Eliminación da Discriminación Racial

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela está a organizar diversas actividades con motivo do Día da Eliminación da Discriminación Racial.

Despois da actividade A Oca da Inmigración, que o pasado venres foi levada ata o Ceip Virxe do Carme e o Ceip Vista Alegre, o Concello presenta agora o X Concurso 21 de Marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

Este certame esta impulsado dende as áreas de de Inmigración, Cooperación e Integración do municipio en colaboración co Centro de Educación Medioambiental Gaia.

O pasado luns publicouse no BOP a convocatoria do mesmo, na que destaca que o formato dos traballos que os participantes poden presentar será totalmente libre, co obxetivo de dinamizar e aumentar a participación.

As persoas interesadas en participar teñen un mes de prazo dende a publicación das bases no BOP para presentar os seus traballos, isto é, ata o día 18 de abril. Hai tres categorías por tramos de idades: de 6 a 12 anos, de 13 a 17 e de 18 en diante.

A inscrición terá lugar na Casa do Concello presencialmente, no enderezo de correo electrónico integracioninmigrantes@burela.org ou chamando ó número 982 58 60 00.

“Despois da Oca da Inmigración que levamos a cabo nos centros de primara o pasado venres seguimos traballando no eido da inmigración, a integración e a cooperación”, afirma o concelleiro responsable destas áreas Mario Pillado.

“Este ano queremos revitalizar o concurso, e por iso, os participantes van poder crear un debuxo, un deseño gráfico, un lema ou un relato se queren, pero tamén van poder optar por calquera outro formato, sexa en vídeo, audio, imaxe, o que queiran e podan presentar de forma física ou dixital”, destaca Pillado.

Ademais deste concurso, tamén se publicaron no mesmo BOP as bases do I Concurso sobre Actitudes Positivas (Non Tóxicas) nas Relacións, que foi anunciado polo Concello no pasado Día de San Valentín.

A inscrición neste certame poderá realizarse no número de teléfono 982 581 141, no enderezo de correo electrónico casaxuventude@burela.org ou de novo presencialmente na Casa do Concello.

“Ambas iniciativas van na mesma liña, xa que a intención é dinamizar este tipo de certames para que teñan unha gran participación e tentar concienciar e chegar a capas cada vez máis amplas da sociedade”, conclúe o edil.