Skip to main content
Cervo

Brúa, Tanto nos ten e a Banda Xangai actuarán na VIII Foliada Nordestía de San Cibrao

Por 3 Marzo, 2024Marzo 4th, 2024Sin comentarios

San Cibrao acollerá o sábado 23 de marzo unha nova edición da Foliada Nordestía e que este ano chega a súa oitava edición. A cita está organizada por A Rebolaxe coa colaboración económica e de material, do Concello de Cervo.

Esta cita comezará ás 12.00 horas cos cantos de taberna o que dará paso ao xantar popular ás 15.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.00 horas haberá obradoiros, e a partir das 21.30 horas, comezarán os concertos na praza dos Campos de San Cibrao. Este ano contarán con Brúa, Tanto nos ten e a Banda Xangai.