Skip to main content
Cervo

O persoal do Centro de Día Residencia de Cervo recibiu un curso sobre manexo do desfibrilador

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de impartir un curso de uso e manexo do desfibrilador semiautomático entre o persoal do Centro de Día Residencia.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o responsable do GES, Mario Antuña, achegáronse ata as instalacións e asistiron á clausura do curso de vinte horas de duración no que participaron corenta profesionais que tamén recibiron formación sobre como actuar ante situacións de atragoamento ou outras lesións ou patoloxías similares.

Durante a visita, fixéronlle entrega tamén ao centro dun DESA que tal e como explicou a rexedora “súmase aos outros cinco que temos dispoñibles no municipio nas instalacións deportivas municipais –piscina e complexo deportivo da Veiga- na Casa do Mar en dous vehículos de emerxencia –un dos cales se mobiliza para dar servizo aos areais na época estival-.

O persoal do CDR recibiu pois formación teórico-práctica para poder dar resposta ante as principais situacións de urxencia-emerxencia “co obxectivo de buscar a máxima seguridade e a excelencia no trato ás persoas usuarias”.

Tal e como apuntou a alcaldesa, mantemos unha interlocución constante coa dirección do CDR e co seu cadro de persoal co que colaboramos en todo o que está na nosa man; “a programación deste curso e a dotación do desfibrilador ao centro, son pois unha forma máis de contribuír á mellora da calidade do servizo”.

O curso homologado está avalado pola Sociedade Europea de Reanimación e polas Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).