Skip to main content
Cervo

Volve o Cervo Concilia de Semana Santa 2024

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de Cervo Concilia de Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares.

Esta actividade indicada para nenos de entre 3 e 12 anos e permite aos pais conciliar a súa vida laboral. E desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e o  1 de abril entre as 8.30 e as 14.30 horas.

Para participar será necesario inscribirse e o prazo remata o 22 de marzo. As inscricións deben formalizaranse na casa da cultura ou no Concello de Cervo e é requisito indispensable para a inclusión dos nenos e nenas en Cervo Concilia é estar empadroado en Cervo.