Skip to main content
Ourol

Os Aturuxeiros de Bravos organizan o seu décimo aniversario cunha festa

Por 31 Marzo, 2024Sin comentarios

Os Aturuxeiros de Bravos organizan para o vindeiro 20 de abril o seu décimo aniversario e peche de tempada de actividades 2023-2024.

Esta cita será ás 13.00 horas no local social de Bravos e contará cunha sesión vermú amenizada por Sandra. Despois haberá un xantar a base de callos, costela en salsa con patacas, tarta de froitos vermellos, bebida e café. Todo elo por un prezo de 28 euros para os non socios, 23 para os socios, os nenos socios de 4 a 12 anos 10 euros e os non socios 12.

Ademais, desde a organización lembran que haberá moitas sorpresas e sorteos de agasallos. Para participar será necesario anotarse por WhatsApp 722 105 850 antes do 16 de abril