Skip to main content
Trabada

Trabada inaugura o seu Campo de Bolos cun torneo

Por 11 Marzo, 2024Marzo 12th, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada inaugura o seu Campo de Bolos con esta competición, que será o domingo 17 de marzo. O torneo terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Xogaranse as modalidades federadas: canteiro/liña. E poderán participar xogadoras e xogadores non federados tan só terán que inscribirse antes do xoves 14 no 982 135 011 (prazas limitadas).

“Quixemos que a veciñanza contara cun espazo axeitado que lles permitise practicar este deporte tradicional, e agora entra xa en funcionamento con este torneo”, sinala o alcalde de Trabada, Rubén García Freije.

“O novo Campo de Bolos de Trabada serve para garantir a preservación dun deporte que forma parte da nosa cultura e tradición, e complementa a ampla oferta deportiva existente no concello”, engade.