Skip to main content
Trabada

Remataron as obras de renovación integral do teleclube de Vilaformán, en Trabada

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de renovación integral do teleclube de Vilaformán.

O alcalde, Rubén García, e o concelleiro Pablo González supervisaron o remate da actuación, que se realizou grazas a un convenio de colaboración asinado a finais do 2023 entre o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo.

A institución provincial aportou unha achega de 48.356,42 euros e o orzamento total das obras foi do 51.656,42 euros, polo que o Concello de Trabada engadiu de fondos propios 3.300 euros para a rehabilitación do antigo teleclube da parroquia.

“Un novo paso para dotar a Trabada de novas infraestruturas públicas, cun centro que dará servizo á veciñanza da parroquia, axudando a dinamizar a súa vida social co uso deste teleclube para diferentes actividades”, asegura Rubén García, que agradece a colaboración da Deputación de Lugo.

Os traballos consistiron nunha renovación integral, incluindo a rede eléctrica e os equipos de iluminación, a demolición de tabiques, pavimentos e revestimentos interiores e na retirada da carpintería de madeira existente. Renovouse tamén por completo o cuarto de baño e a plaqueta do chan.