Skip to main content
Trabada

Trabada adhírese por segundo ano consecutivo ao programa Ruraltic para impulsar a formación dixital dos veciños

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada adhírese por segundo ano consecutivo ao programa Ruraltic para impulsar a formación dixital dos veciños, veciñas e as empresas do concello.

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana co obxectivo de contribuír a impulsar o medio rural a través da dixitalización.

Dende o 2 de abril ata o 12 de abril impartiranse diferentes talleres para veciños e empresas. A presentación do programa foi esta mañá no Concello de Trabada.

Os veciños e veciñas recibirán formación de novas tecnoloxías coa finalidade de superar a barreira tecnolóxica, aumentar a autonomía persoal e reducir a brecha social.

As empresas recibirán asesoramento para mellorar o seu posicionamento no mundo dixital e así fomentar a visibilización dos negocios a través da xestión de aplicacións e páxinas web.

“Dende o goberno municipal invitamos a tódolos veciños, veciñas e empresas do noso concello a participar neste programa. Os participantes do ano anterior quedaron moi satisfeitos e serviulles de moitas utilidade para mellorar os seus coñecementos en ovas tecnoloxías e na utilización de aplicacións móbiles”, asegura o alcalde, Rubén García.