Skip to main content
O Vicedo

María Pérez Santaballa concelleira do PSOE no Vicedo, renuncia a súa acta

Por 13 Marzo, 2024Marzo 14th, 2024Sin comentarios

María Pérez Santaballa, avogada e candidata do PSdeG á Alcaldía do Vicedo nas pasadas eleccións municipais de 2023, vén de renunciar a súa acta como concelleira. No seu lugar queda Verónica Canoura Paz.

Así, desde o PSdeG comunicaron que “é unha mágoa para nós anunciar que a nosa voceira María Pérez Santaballa presentou a súa renuncia como concelleira por motivos de saúde”, indicaron desde o Partido Socialista, “María gracias por todo este tempo con nós, somos un equipo, somos o teu equipo”.

A candidata agradeceu “o apoio e a confianza que depositaron en min tódolos meus compañeiros e compañeiras da agrupación socialista”.

Cando se presentou Pérez Santaballa dixo que “O Vicedo precisa un cambio, e temos capacidade de traballo e experiencia e para atender as necesidades dos veciños e para favorecer o desenvolvemento económico con novas iniciativas para que a xente non siga marchando do concello”, asegurou e asegura.

A avogada que medrou coa Asociación Os do 21

María Pérez Santaballa (1974), medrou no Vicedo, onde se estableceu a súa familia. Alí participou nas actividades que realizaba a Asociación Os do 21, onde aprendeu valores vitais como o compañeirismo e o amor polo baile e a música tradicional, un colectivo do que presume e se sente moi orgullosa. Súa nai foi mestra no Barqueiro, e seu pai como capitán de pesca. É licenciada en Dereito pola UDC (1997), e tamén cursou estudos na UNED de Ciencias Políticas. E nai de familia, e traballa como avogada dende que se licenciou. Ademais, xa formou parte da Corporación municipal de Viveiro como Concelleira no 2003, sendo alcalde Melchor Roel.