Skip to main content
O Vicedo

O Concello do Vicedo axuda cos trámites do rexistro de galiñeiros particulares

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, publicou un bando para informar que poñen a disposición do veciños os recursos do Concello para os trámites do rexistro de galiñeiros particulares.

Así, di que “como é necesario o rexistro por parte dos particulares dos galiñeiros de autoconsumo mediante un procedemento da Xunta MR501A, poñémonos a disposición da veciñanza para levar a cabo este papeleo”.

Esta obrigatoriedade afecta aos currais avícolas cuxa finalidade sexa o autoconsumo familiar onde se manteñan aves das especies de galiñas, polos, parrulos, ocas, pavos, pintadas,paspallás, perdices, faisáns ou pombas.

Estas explotación, excepto o seu rexistro, non teñen que cumprir ningún requisito adicional, pois a única finalidade deste trámite é o recoñecemento da súa existencia e localización por parte da autoridade competente en materia de sanidade animal, información necesaria en situacións de riscos sanitarios por enfermidades das aves nas que se precise o seu control pola autoridade competente.