Skip to main content
O Vicedo

O Concello do Cervo ofrece colaboración á veciñanza que teña que rexistrar as súas explotacións avícolas

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

A administración local pon a disposición da cidadanía que posúa un galiñeiro na súa vivenda toda a documentación necesaria para poder rexistralo sen necesidade de ter que acudir á Oficina Agraria Comarcal.

Todos os trámites pódense levar a cabo nas oficinais municipais para facilidade da veciñanza do Concello de Cervo.

A día de hoxe as oficinas municipais rexistraron máis dunha vintena de solicitudes.