Skip to main content
Viveiro

O CIM de Viveiro prepara varios actos para o Día Internacional da Muller

Por 4 Marzo, 2024Marzo 5th, 2024Sin comentarios

O Concello de Viveiro, xunto ao Centro de Información á Muller (CIM), prepara varios actos para o Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, día no que se fará a lectura dun manifesto na praza Maior o propio día 8 ás 12.30 horas.

Así, o sábado 9 haberá unha obra de teatro Boa Sorte, Mala fama ás 20.30 no Pastor Díaz, e ás 22.00 horas será a XIX Cea de irmandade para mulleres no Restaurante Louzao.

Tamén ata o 16 de marzo estará aberta a exposición de traballos dos concursos de Debuxo Escolar Mamá Traballadora e do de fotografía Mulleres e Traballos, na sala da biblioteca municipal. E do 1 ao 15 de abril na sala multiúsos do Concello estará a mostra ‘Chicas nuevas 24 horas’, de Mabel Lozano, poderase sobre a temática da explotación sexual, financiada pola Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero.

Por outra banda, haberá un obradoiro sobre acoso escolar ou sexual e redes sociais, dirixido a alumnado dos IES María Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro que se desenvolverá ata o 28 de maio.

E rematará co club de lectura En Feminino, a cargo da actriz galega Estíbaliz Veiga.