Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro pide crear un paseo do Resurrection Fest con lousas conmemorativas dos grandes grupos

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

O Grupo Municipal Por Viveiro presentará unha moción para debater no vindeiro Pleno municipal para realizar un paseo do festival Resurrection Fest na avenida Ramón Canosa.

Como cada ano, Viveiro celebra unha nova edición do festival Resurrection Fest, “que como todo o mundo sabe, ten lugar no campo de Lavandeiras en Celeiro. Ao abeiro do festival, pola avenida Ramón Canosa e LU-862, nos días do festival hai un tránsito constante de xente pola beirarrúa, lado mar, da dita avenida”, din dende Por Viveiro.

Por iso propoñen a creación, nesa beirarrúa, dende o comezo da avenida Ramón Canosa diante do Gadis, e ata o Porto de Celeiro, dun paseo do festival Resurrection Fest, “coa instalación de lousas conmemorativas dos grandes grupos que teñen pasado polo festival nas súas distintas edicións, que pode servir de atractivo turístico e activación do paseo a Celeiro para o resto do ano”.

Así, engaden que para o deseño das lousas conmemorativas podería realizarse cun concurso de ideas e para o desenvolvemento do mesmo, o Concello solicitará a colaboración da empresa organizadora do festival.