Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAViveiro

Os Cabaleiros do Landro de Viveiro fanse cargo da organización da Feira das Maulas de Galdo

Por 22 Marzo, 2024Marzo 23rd, 2024Sin comentarios

A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro, colectivo organizador das carreiras de cabalos no municipio, fíxose cargo da organización da Feira das Maulas de Galdo. A cita festiva será o 12 de maio.

Esta tradicional Feira de Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro, para a cal “o Concello achegaba uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños”, sinalan dende o Goberno local. E nesta ocasión o Concello de Viveiro tampouco podía asumir a súa organización e finaciamento.

Como dixeron os Cabaleiros do Landro “facémolo para que as tradicións non se perdan, para que todos podades desfrutala un ano máis”.

A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.