Skip to main content
Xove

Nova edición do Curso de Música de Semana Santa da PrestoXove

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

Prestoxove, a Orquestra Clásica de Xove organiza como cada ano nas datas da Semana Santa o seu esperado Curso de Música e este ano realizarase os días 23, 24, 25, 26 e 27 de marzo. Estará dirixido por Xan Carballal e este ano chega a súa trixésimo terceira edición.

O martes 26 de marzo será o concerto de cámara ás 18.00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove, e o mércores 27 de marzo será o concerto de clausura tamén ás 18.00 horas no salón de actos.

O curso de Música de Semana Santa comezou a súa andaina no ano 1990, coa idea de poñer en contacto aos estudantes co mundo profesional dentro da música. Para levar a cabo este proxecto era preciso contar coa colaboración de profesores cunha ampla traxectoria no mundo das orquestras profesionais.

Vinte e nove anos despois segue a celebrarse este curso, que foi pioneiro na súa concepción, xa que os cursos que se viñan ofertando consistían en clases individuais de técnica instrumental e clases colectivas para traballar repertorio.

“O curso que se oferta é innovador xa que a base da súa concepción consisten na aprendizaxe por medio do traballo dentro da orquestra, e ofrece a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, xa que se establecen diferentes formacións orquestrais ou de cámara segundo os coñecementos dos participantes, facendo especial fincapé no traballo por grupos e na coordinación”, apuntan dende a organización.