Skip to main content
Xove

Xove celebrará o Día da Muller coa XV Chocolatada

Por 4 Marzo, 2024Marzo 5th, 2024Sin comentarios

O Concello de Xove celebrará o Día Internacional da Muller o sábado 9 de marzo cunha chocolatada á que convida a todos os veciños. Esta cita chega a súa décimo quinta edición.

Esta chocolatada será ás 17.30 horas no salón de actos do propio edificio municipal e será unha homenaxe as mulleres e os seus dereitos. E nesta ocasión, no acto conmemórase o Encontro de palilleiras ‘Coas Nosas Mans’ do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos.

O encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local.

Tamén o venres 8 ás 12.00 horas haberá un acto interxeracional conmemorativo coa colaboración da Escola Infantil de Xove, o Ceip Pedro Caselles, o IES Illa de Sarón, os maiores da Residencia San Bartolomeu e os usuarios do Centro de Día Coidando de vós de Burela. Este acto será no pavillón municipal de deportes de Xove.