Skip to main content
Xove

Xove acolle un curso de iniciación á apicultura en abril

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Concello de Xove organiza un curso de iniciación á apicultura, de 20 horas de duración, para os días 13 e 14 de abril (sábado e domingo) en horario das 09.00 ás 14.00 e o domingo 21 de abril das 09.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 21.00 horas. Será na Aula de Formación do Concello de Xove.

Ofrecerase formación teórica e práctica. As prazas son limitadas a 20 persoas e as interesadas deben inscribirse no Concello de Xove antes do 5 de abril.