Skip to main content
Xove

28 estudantes do College Lucie Aubrac están de visita en Xove

Por 23 Marzo, 2024Marzo 24th, 2024Sin comentarios

Un total de 28 estudantes do College Lucie Aubrac da comuna francesa de Villemandeur, localizada na rexión Centro do departamento de Loiret, a algo máis de 100 ao sur de París, están de intercambio co IES Illa de Sarón de Xove e o IES de Foz. Deste grupo, 13 están asentados en Xove.

Loxicamente, tal como sucede nun intercambio deste tipo, dende o IES Illa de Sarón se lles preparou un amplo programa de actividades: o luns foron á Pastoriza onde aprenderon e practicaron xogos tradicionais e paintball; o martes visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados, o Barco Museo de Burela e tamén visitaron a lonxa; o mércores foron a Santiago onde viron a catedral e o Museo do Pobo Galego; o xoves  pasaron o día en Xove, onde foron recibidos no Concello; hoxe venres visitarán Viveiro e o sábado pasarán o día coas familias acolledoras.

Este intercambio completarase coa viaxe a Francia (devolución de visita) que realizarán os nenos de Xove e de Foz na segunda semana de abril.