Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

As loitadoras do Emevé mantéñense en primeira e logran unha clasificación histórica

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

A cidade de Lugo asegúrase a súa representación na máxima categoría do voleibol español outra tempada máis. Grazas ás xogadoras do Emevé, o equipo remata a liga Iberdrola alcanzando a súa mellor clasificación histórica, quedando sétimas e sumando 31 puntos, dos cales 15 foron colleitados fóra da casa.

O club continúa así colleitando bos resultados, xa que o equipo aportará 8 xogadores e unha reserva ás próximas convocatorias das selección Sub18 e Sub20. Súmanse aos 14 loitadores e loitadoras e 2 técnicos chamados na segunda convocatoria da tempada das Seleccións Galegas de voleibol, sendo o Emevé o club máis representado.