Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXALugo

Oito clubs xogan esta fin de semana en Lugo a Copa Deputación de Baloncesto

Por 28 Marzo, 2024Sin comentarios

O Pazo dos Deportes e o Anexo acollerán esta fin de semana a celebración da Copa Deputación de Baloncesto en categoría cadete e infantil, na que participarán equipos de categoría infantil e cadete masculina e feminina de oito clubs.

A competición comezará o sábado ás 10 da mañá coa categoría infantil e será o domingo en horario de tarde cando se celebre a competición cadete. Os equipos participantes serán de Ensino, o Sagrado Corazón, Franciscanos de Lugo, Sanxillao, Estudiantes de Lugo, Cidade de Lugo e o Burela.

A Copa Deputación de Lugo, organizada por Ensino Lugo, conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que reforza o apoio ao deporte base da provincia, ofrecendo a xogadoras e xogadores a posibilidade de seguir formándose e desfrutando do baloncesto nunha competición diferente á liga.