Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Máis de 500 xogadores e xogadoras disputaron o Torneo Semana Santa do Sagrado Corazón

Por 29 Marzo, 2024Sin comentarios

Este luns 25 e martes 26 de marzo os campos municipais José María Rodríguez Lago nas Gándaras albergaron a cuarta edición do Torneo Semana Santa Trofeo Lugo Express e que organizou un ano máis o ADC Sagrado Corazón. O Real Club Deportivo de la Coruña e o Bertamiráns FC foron os grandes triunfadores do evento ao impoñerse na categoría benxamín e alevín, respectivamente.

Na categoría benxamín o trofeo de mellor porteiro foi para Marcos Peral do Ural CF e o de mellor xogador para Leo Lorenzo do RC Deportivo, mentres que na alevín Julio Alaín do Bertamiráns foi designado como mellor porteiro e o mellor xogador foi para Leo Ferrol do Sada.

Durante os dous días de celebración do evento foron máis de 500 os xogadores e xogadoras que pasaron polos catro campos de xogo, cun total de 78 partidos disputados polos 36 equipos que acudiron a disputar o torneo. Este campionato segue evolucionando e crecendo grazas tamén aos 26 clubs diferentes que disputaron esta cuarta edición.

Oito chegaban desde a provincia de Lugo, dous da de Ourense, once viñan desde A Coruña, dous de Pontevedra así como outros dous de León. O torneo volveu recibir o apoio das diferentes institucións como son Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, e foi un campionato oficial autorizado pola RFGF.