Skip to main content
Lugo

Continúa a función didáctica do Impulso Verde coa visita do alumnado de Edificación e Obra Civil

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

O alumnado do Ciclo Superior de Edificación e Obra Civil, do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela visitou as instalacións do edificio municipal Impulso Verde, promovido polo executivo municipal na Garaballa no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea. O grupo, formado por 20 estudantes, mostrou o seu interese por coñecer exemplos de edificación e de arquitectura na que se aplican novas tecnoloxías da construción e se utilizan técnicas de arquitectura pasiva, como ocorre no edificio Impulso Verde.

Este inmoble cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Paula Alvarellos. Trátase dun proxecto clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.

Así, o primeiro edificio en España e un dos poucos no mundo en obter a certificación de proxectos FSC, unha prestixiosa garantía que confirma que esta construción non contribúe á deforestación e aposta polo produto local, tamén é un referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.