Skip to main content
Lugo

Lugo despide a Manrique Villafranca, impulsor da Semana de Cine

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

Don José Manrique Villafranca Díaz de Rábago faleceu en Lugo este venres aos 87 anos de idade.  No nome da directiva e de todos os socios do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, queren facer pública a dor polo pasamento do que foi presidente do grupo. Manrique Villafranca foi un destacado oftalmólogo cunha especial querencia polo mundo da imaxe e foi decisivo na impulsión da Semana de Cine de Lugo nos anos oitenta do pasado século, e na consolidación desta celebración, superando moi especiais dificultades económicas.

Manrique gobernou esta entidade nun tempo apaixoante, desfrutou cos membros de incontables aventuras cinematográficas e “deixou na Semana e en todos nós un pouso de home entregado polo cine e por Lugo”, explican dende a asociación. Para o colectivo, será sempre “pedra angular da nosa historia e referente de dedicación e amizade”.