Skip to main content
Lugo

O Partido Popular de Lugo presenta unha proposición para que se axilice o Plan Paradai

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

O Partido Popular defenderá no vindeiro pleno unha proposición para “que tanto Concello como CHMS axilicen os trámites de licitación e de execución”  do Plan Paradai. Os populares lamentan os anos que perdeu o Concello para avanzar neste proxecto tal e como se confirma coas diferentes adendas que se publicaron a última, en xaneiro de 2024, que dan continuidade a outras anteriores con data de maio de 2021 e de decembro de 2022.

A voceira popular Elena Candia asegura que ao impulsar este proxecto evitaríanse “novas adendas ao convenio que o único que suporían son novos retrasos nunha obra necesaria para o barrio e para a cidade”. Ademais, para Candia a aprobación na xunta de Foberno local do proxecto da glorieta de Serra de Meira “desmonta as mentiras do Goberno local e certifica que era o Concello quen bloqueaba, de forma sistemática, o Plan Paradai”. Acusan aos socialistas da “discriminación” do barrio. “Era culpa dun Partido Socialista que estaba máis preocupado en culpar á Xunta que en traballar para avanzar nesta obra”.

Elena Candia afirma que estes feitos confirman que “o bloqueo do Plan Paradai estaba precisamente en accións que dependían do Concello e da Confederación” e engade que “agora que se sabe a verdade e que sacaron a careta pedímoslles dilixencia”: Os populares explican que a tramitación ten que pasar uns prazos mínimos: un mes de información pública dende que se publica no Boletín Oficial da Provincia; logo ten que volver á xunta de goberno para aprobación de forma definitiva; a continuación hai que sacar a licitación ao que hai que sumar un prazo de execución das obras de seis meses.

A voceira popular advirte ao equipo de goberno manteñen un seguimento exhaustivo dos temas relevantes que están atascados no Concello por falta de xestión porque a veciñanza non merece máis enganos. Os populares recordan que o Plan Paradai é unha obra “demandada polos lucenses dende que hai máis de 10 anos tras un investimento da Xunta de 10 millóns de euros”. Por outra banda, recordan que o proxecto para ese treito foi redactado pola área de Infraestruturas da Xunta no ano 2018, pero por mor de diferentes desencontros entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo sobre aspectos técnicos impediron que se puidese rematar a pesar de que nos orzamentos da Xunta, dende o ano 2018, se dispón dunha partida de 500.000 euros para esa actuación”.