Skip to main content
Lugo

Auxilia Lugo volve a denuciar a inaccesibilidade do edificio sindical

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

Auxilia Lugo volverá a denuciar a inaccesibilidade do edificio sindical de Lugo. “Nesta ocasión acompañarame un usuario en cadeira de rodas para que se vexa que se quere acudir a facer algunha xestión lle é inviable porque non é accesible”, conta a delegada, Nuria Neira. A través deste acto, que terá lugar o vindeiro martes 19 ás 11.30 horas, pretenden denunciar a situación das instalacións, xa que o montacargas do edificio sindical segue sen arranxarse e permanece cheo de lixo.

Trátase dunha necesidade que veñen demandando dende fai tempo dende o colectivo. De feito, na última xornada electoral, as persoas con mobilidade reducida vironse na obriga de votar na rúa, xa que o montacargas permanecía fóra de uso e non podían acceder ao colexio electoral. Os que non puideron subir os catro chanzos de acceso, tiveron que despositar a súa papeleta fóra do colexio coa axuda do persoal das mesas que se encargaron de sacar as urnas á rúa.

Unha situación semellante á que se produciu nas pasadas eleccións municipais, aínda que naquel momento estaba operativo un número para que as persoas con mobilidade reducida puideran chamar e así o persoal acudira atendelos fóra do colexio. Dende Auxilia lembran que ao no poñer en marcha este acceso, estase a incumprir o Real Decreto que obriga a que todos os edificios públicos sexan accesibles e dan a voz de alarma unha vez máis ante unha situación á que consideran “unha falta de respecto cara ás persoas que teñen algunha limitación ou discapacidade”.