Skip to main content
Lugo

Intelecto conmemora cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades en Lugo

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación Intelecto celebrou cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades que se conmemorou o pasado día 14 de marzo. Acudiron ao acto, entre outras personalidades, o tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, ademais de concelleiras e concelleiros do equipo de Goberno do Concello.

O evento, celebrado na sede da UNED en Lugo, transcorreu en xornadas de mañá e tarde. Impartironse conferencias polas especialistas en altas capacidades Paulina Bánfalvi e Ana Isabel Fraga. Ademais de obradoiros e aulas prácticas houbo un espectáculo de maxía a cargo do Mago Dani Polo.