Skip to main content
BecerreáLugo

Adxudicadas as seis xatas de Acruga na poxa de Becerreá cun prezo medio de 2.458 euros

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

A primeira das poxas de Acruga neste 2024 concluíu coa adxudicación das seis xatas presentadas e cun prezo medio de 2.458 euros, que a pesar de non alcanzar os 2.600 da pasada edición, foi bastante superior ao prezo de saída e por tanto positivo. Ademais, foi moi importante a gran asistencia de público e posibles compradores, ata 28 tarxetas de criadores, principalmente da provincia de Lugo, que retiraron a súa credencial para poder poxar por algún destes animais.

s xatas foron adquiridas por gandeiros con explotacións en Láncara, Seoane do Caurel, O Incio e O Corgo. Precisamente, a gandería Santalla, do citado municipio foi a que adquiriu o exemplar con maior cotización da poxa, unha xata preñada de excelente xenética, que alcanzou os 2.900 euros.
O seguinte prezo máis alto da xornada foi para o segundo exemplar dos poxados, unha xata parida cun tenreiro de dous meses, lote que foi adxudicado a un gandeiro do Incio por 2.750 euros.

A seguinte poxa de Acruga neste mes de marzo será na provincia da Coruña, no municipio de Boimorto, o próximo día 24. Uns días despois, o 5 de abril, terá lugar outra das grandes citas do calendario feiral de Acruga, esta vez en Pedrafita do Cebreiro.