Skip to main content
Lugo

Lugo a Versos divulga a literatura galega no Día da Poesía

Por 22 Marzo, 2024Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, festexa o Día Internacional da Poesía na IV Edición do recital poético Lugo a Versos que acolle O Vello Cárcere de Lugo, un proxecto que ten como obxectivo conmemorar e divulgar a rica poesía galega, de forma presencial e virtual, nun encontro aberto a toda a cidadanía.

A dinámica virtual do Lugo a Versos deu comezo o pasado día 14, e as persoas interesadas participaron mediante a subida a redes sociais de vídeos e audios recitando poesía, ou imaxes compartindo poemas en galego en formato texto baixo o cancelo #LugoaVersos. Con motivo da celebración do Día da Poesía, o 21 de marzo Lugo a Versos organizou un evento onde toda aquela persoa que o desexara podería participar recitando as súas creacións no Vello Cárcere a partir das 18.00 horas. As intervencións foron tamén gravadas, co fin de ser posteriormente publicadas e promocionadas a través das redes da organización.

Maite Ferreiro convidou a eternizar con Lugo a Versos a festa da poesía e lembrou que, sobre todo neste día, é fundamental “recoñecer e valorar a riqueza da poesía en lingua galega, xa que non só preserva a nosa identidade cultural e lingüística, senón que tamén nos conecta coas nosas raíces e a nosa historia, o que axuda a enriquecernos como sociedade”.