Skip to main content
Monterroso

O alumnado do Ceip de Monterroso recibiu unhas mochilas doadas polo GDR 5

Por 29 Marzo, 2024Sin comentarios

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e a concelleira Jessica Rodríguez visitaron os pasados días o Ceip Plurilingüe da vila para facer entrega ao alumando de Primaria dunhas mochilas doadas polo GDR 5 Miño Ulla para que poidan estrealas nas súas vacacións de Semana Santa e empregalas nas súas excursións ou actividades de ocio.

O rexedor agradécelle ao Grupo de Desenvolvemento Rural este agasallo do que xa desfrutan todos os nenos e nenas de Monterroso.