Skip to main content
Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei rematará a mellora do vaso da piscina municipal

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei rematará a mellora do vaso da piscina municipal onde se substituirán os gresites que se atopaban deteriorados por unha nova capa que mellorará a estanquidade do vaso evitando así, as filtracións e mellorando as condicións de baño.

As obras, que se agarda estean rematada para finais do mes de maio co obxectivo de que estean listas para a temporada estival, foron supervisadas polo responsable de deportes da Xunta en Lugo, Manolo Cadramón e o alcalde Pablo Taboada.