Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAPantón

A III edición do Festival Son de Aldea de Toldaos, en Pantón, terá lugar o 29 de xuño

Por 11 Marzo, 2024Marzo 12th, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños As Candelas de San Xoan de Toldaos organiza, por terceira vez consecutiva, o seu Festival Son de Aldea na parroquia homónima de Pantón.

Este ano, o festival multicultural terá lugar o 29 de xuño, cando a aldea de Toldaos de Pantón acollerá diferentes grupos de música que dinamizarán o pobo.

O ano pasado, na súa segunda edición, actuaron os grupos de Alendalúa, Rhome, Cerodouscero, Os Parentes, C MIRAZO e Tecor Societário; aínda que tamén houbo proxeccións e teatro.