Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAPantón

Soziedad Alkohólika e Söber estarán na quinta edición do Trece Roeis de Pantón

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do festival Trece Roeis comezaron a debullar os grupos da quinta edición do festival de Pantón e que se celebrará o 30 e 31 de agosto.

Así, os cabezas de cartel serán Soziedad Alkoholika e Sôber, seguidos das Fillas de Cassandra, Sara Socas, Rebeliom do inframundo, Arrhythmia, Pauliña, Vizcaíno, Festicultores Troupe, TIAM Gz, Amoebo, Savia, Skizoo, e Exeria.

Xa en novembro se puxeron á venda as primeiras entradas para os fieis asistentes que confían na organización do evento e que van asistir si ou si, veña quen veña.

O festival naceu en 2019 como proposta cultural no concello de Pantón tras a cancelación do veterano Festival do Castro, converténdose nun novo acontecemento de referencia na Ribeira Sacra.