Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAMonforte

Monforte celebra unha edición máis do seu Concurso dos Maios

O vindeiro mércores 8 de maio o Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso dos Maios. Para elo, a concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17.30 horas.

O alcalde, José Tomé Roca, di que “este ano haberá premios a cada un dos concursantes na celebración dos Maios 2024, de 75 euros por participante. Queremos animar así á participación e que todos os que formen parte desta festa tradicional leven un merecido premio”.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte e o último día de presentación das mesmas será o 7 de maio antes das 14.00 horas.

Os Maios sairán o 8 de maio a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17.30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado, omposto pola Concelleira de Cultura ou persoa á que designe, e por persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos; valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados.

Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75 euros e os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular.

Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.