Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda RIBEIRASACRAXABóveda

A V Xornada Guerrilleira desenvolverase o vindeiro 20 de abril en Bóveda e a Pobra do Brollón

Un ano máis celébrase a Xornada Guerrilleira Repil, neste caso na súa V edición, repartida entre A Pobra do Brollón -como o ano pasado- e Bóveda o vindeiro 20 de abril.

A Casa da Memoria de Xullán de Bóveda acollerá a primeira parte desta iniciativa, que comezará ás 10.00 horas coa presentación do proxecto ‘A Casa da Memoria’, presentado por Patricia Castro e Xulio Costa. Despois, de 10.30 a 11.00 terá lugar a ‘Historia dunha améndoa’, por Olga Novo. Xa ás 11.00 horas Santiago Macía falará sobre ‘Que foi do guerrilleiro Fermín Lada “Segura”?’.

Media hora máis tarde Mario Bueno exporá ‘Apreciable y distinguido Petrosqui’, un relato de cartas persoais, familiares e amorosas na guerrilla antifascista; e ás 12.00 horas presentaranse tres libros guerrilleiros de Paco Macías.

Xa ás 12.30 horas presentarase o proxecto HELP e pasarase ás 13.00 horas á parte dos petiscos con música dos tres de San Lourenzo co vídeo de Os Derradeiros de Iago Seoane. Ás 14.00 horas farase unha parada para xantar no Fogón da Cereixa.

Actividades da tarde

Xa pola tarde, na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, desenvolverase o evento a partir das 17.00 horas, cando Carlos Tejerizo falará sobre unha ollada ccomparativa entre a guerrilla do noroeste ibérico e a loita partisana italiana.

Despois, Marianna Bucchioni falará da Arqueoloxía da Resistencia no Piamonte e Tania González farao sobre a Arqueoloxía do Cinturón do Ferro en Bilbao. Tras estas dúas charlas, haberá unha pausa para o café.

Xa ás 18.30 horas Rodrigo Paulo Bravo presentará a vida de José Lino Vaamonde, o arquitecto galego que axudou a salvar o Museo do Prado e tamén relatará a memoria do fascismo italiano na Serranía de Guadalajara.

Para rematar, de 19.45 a 20.30 as persoas participantes desfrutarán unha visita guiada á casa-cuartel da Pobra do Brollón, co que se pechará a xornada.