Skip to main content
BóvedaComarca RIBEIRASACRAXAMonforteO Corgo

A Deputación investirá 120.000 euros en mellorar a LU-P-0901 que conecta Bóveda con Monforte

Por 9 Marzo, 2024Marzo 10th, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo vén de aprobar a adxudicación de obras de mellora na LU-P-0901, que conecta os concellos de Bóveda e Monforte de Lemos por un importe de preto de 120.000 euros.

A empresa adxudicataria é Francisco Gómez y Cía, o proxecto ten un prazo de execución de 3 meses e afecta a un tramo de dous quilómetros e medio, entre o punto quilométrico 8,319 e o 10,709.

Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente, e a sinalización horizontal e vertical. Ademais, inclúe unhas melloras de obra consistentes no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio.

Arranxo de estradas tras intensas chuvias

Ademais, aprobou o orzamento definitivo das obras de arranxo que tivo que acometer de emerxencia a Deputación en dúas estradas tras as intensas choivas de finais do ano pasado.

Por un lado, aprobou un presuposto de preto de 64.000 euros para a LU-P-5303, ao seu paso polo concello de Ribas de Sil, no punto quilométrico 5,200, onde tivo que restituír o sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentar a zona afectada.

Por outra parte, aprobou algo máis de 79.400 euros para o Cinto Comarcal, á altura do Concello do Corgo. As obras consistiron na instalación dun marco de formigón prefabricado co obxectivo de canalizar a saída da auga dun xeito máis eficiente, a pavimentación do firme e a implantación dun sistema de contención, e a reposición da sinalización.