Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Os Pezoneros gañaron o 8º Mundialito da Feira do Viño de Quiroga

Por 30 Marzo, 2024Marzo 31st, 2024Sin comentarios

O 8° Mundialito da Feira do Viño organizado polo Deporte Quirogués conxuntamente co Concello deixou varios gañadores nesta oitava edición, na que participaron sete equipos locais desde o luns ata o xoves en horario de 19.00 a 22.00 horas no pavillón municipal.

Así, o equipo campión foi Os Pezoneros, seguidos de A Boticamentres que os semifinalistas foron Villapiza e Tumbabarcos. Pola súa parte, o crack do torneo foi Chechu e o mellor porteiro Jovito.

Desde a organización subliñan que foi “un gran torneo no que destacou a deportividade e compañerismo e a gran cantidade de público nas gradas do municipal quirogués”.

En total, uns 120 deportistas do Val de Quiroga cos nenos das Escolas deportivas e os nen@s que participaron das tardes deportivas “demostra que o deporte non para en Quiroga”.