Skip to main content
Bóveda

O Concello de Bóveda entrega equipación de cor lila aos equipos locais

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

O Goberno local proporcionoulles as camisetas ao AD Bóveda e o SD Rubián, que estrearán nos partidos da vindeira fin de semana.

O Concello de Bóveda programa un amplo calendario de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.

O Goberno local prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará aos dous clubs locais de fútbol en forma de novo equipamento. Así, o alcalde, José Manuel Arias, xunto co concelleiro de Deportes, Javier Domínguez, fixéronlles onte entrega ao AD Bóveda e o SD Rubián das camisetas de cor lila co lema ‘Sementando igualdade’ que ambos os equipos estrearán na vindeira xornada de liga.

A acción está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátase, segundo explica o rexedor, de demostrar o compromiso “do deporte en Bóveda pola igualdade”, polo que agradece a colaboración dos dous equipos con esta iniciativa que se leva a cabo desde as Concellerías de Cultura e de Deportes para dar visibilidade á loita contra a discriminación das mulleres e pola igualdade de xénero.

Outras actividades

No marco do 8M o Concello de Bóveda tamén organiza un curso de autodefensa persoal para mulleres ante situacións violentas, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, para o vindeiro 23 de marzo, e un obradoiro de fíos, que vai impartir Lorena Quintáns, o propio 8 de marzo.

A maiores, programáronse actividades na Axencia de Lectura pola Igualdade, como unha exposición bibliográfica, haberá obradoiros e actividades na ocioteca e tamén unha exposición de artesanías de Lorena Quintáns.

Este es el pie de foto - Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.