Skip to main content
Bóveda

Os nenos e nenas de Bóveda aprenderon todo o relacionados coas vespas velutinas

O Concello de Bóveda colaborou co Ceip Rosalía de Castro e coa Anpa na realización dun obradoiro de trampas para velutinas impartido por Paula, xerente de Mieles Anta e Mohamed, apicultor experimentado da empresa.

A actividade, que se desenvolveu no centro sociocultural, consistiu na explicación dos detalles relacionados con este mundo, comezando polas características das abellas e da problemática coas velutinas.

A continuación, proxectouse un vídeo sobre o proceso de fabricación do mel e sobre a ameaza que supoñen as avespas velutinas na natureza e, despois, Mohamed ensinoulles aos alumnos o traxe de apicultor e todos os instrumentos necesarios para o seu traballo.

Amosáronlles tamén como recollen o pole das patas das abellas e algunha velutina e probaron o mel directamente do panal. E, por último, puxéronse mans á obra para realizar as súas propias trampas de velutinas e poder capturar moitas nesta tempada que cada alumno levou para a súa casa.

Ademais, a empresa Mieles Anta fíxolles entrega de diferentes trampas para poñer nas árbores da zona verde do centro e intentar así estar libres de velutinas e tamén obsequiou a todo o alumnado e profesorado do cole cun agasallo da súa propia produción.

“Foi unha xornada moi enriquecedora e de enorme utilidade”, explica o alcalde, José Manuel Arias, quen agradece a colaboración da empresa Mieles Anta e o interese do CEIP e da ANPA.