Skip to main content
Monforte

Femforte convoca unha concentración feminista na praza de España de Monforte esta tarde

Por 8 Marzo, 2024Marzo 9th, 2024Sin comentarios

Femforte convoca para esta tarde ás 20.30 horas a concentración do Día Internacional da Muller na praza de España de Monforte, á que invitan a participar a todas as mulleres do municipio.

“Como cada ano, a conmemoración deste día ten por obxecto reivindicar que a igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas -no espazo privado da familia, no traballo, na política, no eido social e cultural- ten que ser real e efectiva e non só permanecer sobre un papel”, defenden desde a entidade.

Os carteis que comporán o telón de fondo da concentración foron elaborados polo usuariado da Asociación Albores Saúde Mental, tamén de Monforte.