Skip to main content
Quiroga

A Asociación Boca do Monte organiza dúas actividades para Semana Santa en Quiroga

Imaxe de Lois Rúa

A Asociación Boca do Monte de Quiroga organiza dúas actividades para realizar durante a Semana Santa, concretamente os días 29 e 30 de marzo.

Desta maneira, o día 29 organizan unha xornada de traballos comunitarios nos Anguieiros pola mañá se o tempo o permite, polo que animan a todas as persoas interesadas a participar.

Por outra banda, o vindeiro sábado, 30 de abril, realizarase un percorrido desde Alvaredos, pasando por Roblido e rematando de novo en Alvaredos, de onde se sairá ás 10.00 horas.