Skip to main content
Triacastela

Triacastela acollerá o primeiro obradoiro de Cana Simple organizado pola Banda de Música da Comarca de Sarria

Por 14 Marzo, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

A Banda de Música da Comarca de Sarria organiza os días 5, 6 e 7 de abril o primeiro obradoiro de Cana Simple dirixido a estudantes e afeccionados de clarinete ou saxofón desde os 8 anos.

O obradoiro, que se desenvolverá no centro educativo de Triacastela, está pensado para facer un traballo específico das seccións de clarinete e saxofón que integran as bandas de música, especialmente as da nosa provincia de Lugo.

A través dun repertorio coidadosamente escollido, preténdese que este traballo redunde tanto no número de músicos como no seu nivel musical, e supoña unha mellora destas seccións nas nosas propias bandas.

Ademais diso, trataranse dunhas xornadas de convivencia de case tres días, xa que se entrará o venres 5 ás 17.30 horas e se sairá o domingo ás 12.00 horas; entre persoas nas que se aproveitará para desfrutar da singular contorna que nos ofrece a alta montaña lucense.