Skip to main content
Axenda SARRIAXALáncara

Láncara acolle os Cantos de Taberna como antesala da XXV Feira Degustación da Tenreira Galega

Por 18 Marzo, 2024Marzo 19th, 2024Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza para o vindeiro 30 de abril un evento de Cantos de Taberna polos bares da Pobra de San Xiao como parte da programación cultural da XXV Feira Degustación da Tenreira Galega.

Desta maneira, todos os grupos de música interesados en participar desta iniciativa poderán facelo de balde no Concello de Láncara e formar parte dun evento que animará a todos os veciños e veciñas.

Os Cantos de Taberna percorrerán os bares da Pobra de San Xiao enchendo de música o pobo e animando á veciñanza, rematando cunha foliada popular e degustación gratuita de Tenreira Galega Suprema, como antesala da Feira.