Skip to main content
Axenda SARRIAXAO Incio

O Festival Tremeterra do Incio xa ten datas confirmadas

O Festival Tremeterra volve ao Incio este verán, concretamente os días 30 e 31 de agosto. O III encontro de soundsystem da Terra Brava acollerá, como cada ano, obradoiros, debates abertos, música e soundsytem na contorna do Encoro de Vilasouto, na localidade de Eirexalba.

Este festival Ten como obxectivo impactar no eido local, tratando de crear unha alternativa de ocio para a xente da zona, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa ás novas xeracións.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo, xa que é un evento grauíto.