Skip to main content
O Incio

O colexio do Incio acolle unha xornada de portas abertas os vindeiros 18 e 19 de marzo

Por 3 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Concello do Incio organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 18 de marzo de 16.30 a 18.30 horas e o 19 de marzo de 11.45 a 12.45 horas para coñecer o colexio.

Así, as familias interesadas en acudir ao centro educativo e saber como son as súas instalacións e con que servizos contan, poderán facelo sen facer reserva.

No colexio do Incio, ademais das clases, hai comedor con cociña propia, froita na merenda, transporte escolar, servizo de madrugadores de 08.00 a 10.00 horas e contan cun horto escolar, biblioteca e aulas dixitais.

Ademais, destacan que o centro educativo está localizado nunha contorna natural e que o profesorado atende á diversidade.